Blogia
LA CASCADA DE BABEL: Historia, Letras, Libros

No Día das Letras

No Día das Letras

17 de maio, sábado, primeira solta do boi en Allariz e... Día das Letras Galegas. O homenaxeado deste áno é Xosé María Álvarez Blazquez (Tui, 1915 – Vigo, 1985) editor heroico,  escritor  de múltiples rexistros e animador cultural.

A súa obra abrangue a poesía, a novela e o teatro; investigou a literatura galega, o folclore, a arqueoloxía e a historia. Militou na Federación de Mocidades Galeguistas e no Partido Galeguista. Membro da Real Academia Galega e Cronista Oficial da cidade de Vigo, cofundou a editorial Monterrey en 1950, que refundou en 1964 como Edicións Castrelos. Os seus poemarios máis destacados son Poemas de ti e de min (1949, en coautoría co seu irmán Emilio),  Roseira do teu mencer (1950), Romance do pescador peleriño (1954); Cancioneiro de Monfero (s. XIII) (1953), e o intimista Canle segredo (1954). Xerais publicou a súa poesía galega completa en 1987, reeditándoa e ampliándoa, en edición de Xabier R. Baixeras neste ano quie andamos, con motivo da homenaxe nacional do 17 de maio. Como ensaísta é autor de diversos estudos de literatura como Escolma de poesía medieval (1975) e Escolma de poesía galega II: A poesía dos séculos XIV a XIX (1959). No ámbito da narrativa cabe citar Os ruíns (1936) e A pega rabilonga e outras historias de tesouros (1971) Como autor teatral publicou O zapato do cristal, que foi escenificado en Vigo o 2 de xaneiro de 1947, ou Os pazos altivos, unha comedia en verso. Mención especial merece tamén súa monumental obra A cidade e os días. Calendario histórico de Vigo que viu a luz por vez primeira en 1959 e foi tamén reeditada con motivo desta celebración.

Só dous apuntamentos máis: iso de que os xornais fagan a súa primeira en galego só un día no ano semella unha ridiculez e... ¿para cando un 17 de maio como xornada de portas abertas dos centros educativos, por exemplo?. A cultura, cando é feita, sentida e participada polo pobo, non precisa de moitas axudas. A cultura feita dende o poder, de arriba a abaixo, precisa subvencións...

Que teñades un Feliz Día das Letras, babeleir@s!

2 comentarios

Fervenza Babelí -

Dura vida do estudante, querido, só estás pisando as pegadas q. outros deixamos antes... Grazas polo piropo, xa sabes q. é mutuo. Só unh acousiña: non podías aproveitar os meus sempre elevadísimos artigos pra facer comentarios pertinentes e deixar a seducción para os detalles, momentos e lugares axeitados? ;-)
PS. Paciencia, paciencia... todo o bo se fai agardar: ya tu saaaaaabes! ;-)

Gus -

Diossss....
Resumo da xornada de hoxe: érgome ás 8:15, dende as 9 ás 14 en clase, relax de 14:30 a 16:30 con boa compaña e café con crema, de 17:00 a 23:15 facendo márketing...
Como odio finalizar os cuatrimestres... Stou farto!!! ggRRR