Blogia
LA CASCADA DE BABEL: Historia, Letras, Libros

De mudanza en Monte Pío...

De mudanza en Monte Pío...

Allariz respira aire de enterro dende o 1-M... O que prometía ser unha continuación do cambio iniciado no verán de 2005, afogou case contra pronóstico. Pregúntanme os babeleiros máis novos e desilusionados qué é o que fallou. Velaquí o meu análise, persoal e polo tanto, discutible. 

O pobo galego falou clariño malia o apretado duns resultados recentemente modificados co escano que o PSdG puido arrabañar grazas ao voto exterior. Eu non creo que os galegos sexamos un pobo con tendencias conservadoras, nin tampouco creo que haxa que interpretar os resultados á luz dun predominio excesivo das capas máis avellentadas da poboación en termos de peso demográfico. Tal vez por (de)formación profesional, avogo polas explicacións multicausais.

En primeiro lugar, a esquerda non soubo transmitir unha imaxe de unidade na acción de goberno, debido én parte ó feble liderado de Touriño, e en parte á excesiva blindaxe de Quintana, atrincherado na Vicepresidencia. Co paso da lexislatura, a esquerda  (sinaladamente o BNG) foi perdendo a capacidade de mobilizar ó seu electorado, convencido de que o mero feito do cambio se retroalimentaría a partires da nada e se perpetuaría por si mesmo. Igual que sucede co amor, os cambios políticos poden prender a partires dunha faísca puntual, pero precisan de ilusión e confianza como alimento. Os electores necesitamos saber que seguimos a ser imprescindibles. Iso é algo que si fixo o PP, o cal pode explicar en parte o inquebrantable compromiso do seu electorado a pesares dos contínuos escándalos de corrupción que o rodean e dos dubidosos favores que lle fan "dinosaurios" coma Baltar. ¿Alguén se preocupou de lembrar que o tan traído e levado Audi A 8 presidencial  é un dos tres que mercou o entón Vicepresidente Feijóo, un dos cales segue a utilizar a día de hoxe o senador Fraga en Madrid?. A todas luces, a esquerda estivo falta de reflexos.

Quizais esa mesma falta de reflexos foi a que levou aos compoñentes do bipartito a subestimar ao inimigo.  Alberto Núñez Feijóo (Os Peares, Ourense, 1961) é un home novo con fama de bo xestor que, sen facer ruido, conseguiu soltar o lastre da incómoda herdanza que lle deixou o patrón en 2005. Sen negar que esta campaña electoral foi das máis suxas e rastreiras que se lembran na Galicia autonómica, a habilidade das dereitas en darlle á volta aos problemas e atacar con eles ao bipartito vén xa de lonxe... e ata o de agora, a esquerda sempre se acovarda, como paralizada por un sentimento de culpa que lle impide vender os seus logros con convicción. Quedan por diante 4 anos para facer autocrítica e dar os pasos necesarios para non repetir erros. Non quero rematar este post sen louvar a integridade do ex-presidente Touriño, que entregou á guillotina a súa cabeza en pago por arriscar e perder. Un xesto infrecuente na nosa democracia que lle honra, aínda que seguramente deberán pasar anos antes de que a Historia lle faga xustiza como xestor político. Os socialistas galegos están abrindo xa as portas da renovación. A última pregunta debería ser: despois de Quintana, qué?

8 comentarios

sak -

Pues la cosa algo tendrá...

Fervenza babelí -

Pero... aún hay tías q. acepten quedar con una cosa como tú???? El nivel de desesperación de algunas puede llegar a ser estratosférico... mi madriña!

sak -

pfff, en fin que estoy de buenas porque he quedado con una tia, asi que podeis insultarme lo que querais.

Fervenza babelí -

Un descerebrado calificándome de tendenciosda e partidista... en fin, abstéñome de comentar
guS, xa queda menos!!! q. ganiñassssssssss!!! xDDDD

gus -

En fin.... En vista do que aquí asoma, cabe concluir en que o sistema educativo presenta fortes deficiencias estruturais. Menudas análises que realiza a xente, vaia...

guS -

Menuda análise que emerxe das teclas de sak... jajjajaja Definitivamente, o modelo educativo segue a fracasar... jajajajja

sak -

Por cierto hoy es 11M, me sé un par de chsites, que no voy a contar por respeto a vuestra hipocresía asi que cuento otro:

Franco llega al cielo y encuentra allí a Carrero Blanco.

—¡Hombre Carrero, qué bien te conservas! ¡Y con corona y todo! —le dice.
—No —responde Carrero—, es el volante que todavía no he podido quitármelo. XD.




sak -

O_O anonadado me hallo ante tal analisis totalmente partidista y tendencioso y para nada neutral más propio de la wikipedia que dicho sea de paso es gestionada y editada por bibliotecarios...
Veamos punto primero el alma gallega es conservadora de siempre somos independientes y trabajadores, si fuesemos de alma progre seríamos andaluces dependientes todos chupando de la teta del Estado para vivir de subenciones y funcionariado por un tubo y vagos, por eso siempre gana el psoe alli.
segundo Touriño ha sido el peor presidente de la Xunta con diferencia siendo socialista que se esperaba ahora como tuneador el mejor a la altura de cualquier cani poligonero, solo faltaria que despues de despilfarrar el dinero en estrenticidades, bueno en eso, no dimitiera, porque todo el mundo sabe que el dinero público no es de nadie...Se creyeron los reyes del mundo y que los tontiños de los gallegos con un que viene la derecha y una campaña a lo obama tragarian y asi les fue cuando el pp solo habia "perdido" por 1 escaño de la mayoría absoluta.
Y si el pp SIEMPRE gana por mayoria absoluta a parte de los viejos alguien más les votará.