Blogia
LA CASCADA DE BABEL: Historia, Letras, Libros

En Compostela, os libros bótanse á rúa

En Compostela, os libros bótanse á rúa

A Biblioteca Pública Ánxel Casal de Compostela loce as modernas instalacións que podedes ver sobre estas liñas (inauguaradas en marzo de 2008) e unha interesante carta de servizos entre os que se inclúen autopréstamo, visitas guiadas, clubs de lectura ou préstamos a domicilio no casco urbano (para persoas encamadas, impedidas, etc.). Pero se algo sabemos os bibliotecarios, é que, a parte de tratar ben aos usuarios cando nos visitan, o reto maior está en buscar e atraer a aqueles que non o fan... Cómo? Xeitos pode haber moitos, pero o que acaba de facer a BP Ánxel Casal pasa por ser dos máis simples: sacar os libros á rúa. Periodicamente teñen lugar mercadillos de libros con fondos da biblioteca na Praza de Abastos e na Praza de Cervantes, de xeito que os paseantes ou amos e amas de casa que acoden a mercar poden ter a ocasión de chiscarlle-lo ollo a algún libro inesperado. Qué mellor para as preciosas rúas compostelás que enchelas de libros?

Sen dúbida, unha iniciativa marabillosa, que desde este blog apoiamos e aplaudimos. Vaia a nosa noraboa para os seus ideólogos. Só podemos desexar que cunda o exemplo e, como non, recordar a Borges cando dicía aquelo de que el non atopaba libros, senón que eran eles os que o atopaban a el. Agora, e malia a crise, os libros de Compostela teñen máis oportunidades para seducir aos seus lectores...  

¿Y esta publicidad? Puedes eliminarla si quieres
¿Y esta publicidad? Puedes eliminarla si quieres

0 comentarios

¿Y esta publicidad? Puedes eliminarla si quieres