Blogia
LA CASCADA DE BABEL: Historia, Letras, Libros

Auria volve ser capital da caricatura

Auria volve ser capital da caricatura

IX BIENAL DE CARICATURA. Ourense, 5 ó 30 de marzo 2008
 O caricaturista do mundo convidado nesta edición é Omar Figueroa Turcios (Corozal, Sucre, Colombia, 1968).  Súa é a caricatura de Ronaldinho que  acompaña este post. Velaquí algúns dos actos previstos:

Homenaxe ao Carrabouxo
Unha selección de humoristas galegos celebra o 25 aniversario do popular personaxe creado por Xosé Lois. Son: Pepe Carreiro, Gogue, Nacho Hortas, Xosé Tomás, Leandro, Xaquín Marín, Pinto e Chinto, Fernando Quesada, Santy, Kiko da Silva, Siro e Suso Sanmartín. Lugar: Xardíns do Campus Universitario

Floreanos en escabeche
O personaxe de Gogue dá os seus primeiros pasos coa cociña. Lugar: cafetería da Biblioteca do Campus

Retranca
Unha selección do material publicado nos cinco primeiros números da revista galega mensual de humor. Lugar: Edificio Politécnico do Campus

1 comentario

Carolina -

Vaya cartel de artistas, no? La verdad es que parece que han reunido a lo mejorcito de Galicia. Seguro que está interesante, si vas ya comentarás algo aquí.
El mejor... Marín, claro, fenés como yo.
Bó día,
Carolina