A polo ansiado escano 38!
Volvemos estar en campaña electoral. Solemne pegada de carteis, promesas, axendas apretadísimas, promesas, viaxes, promesas, pavillóns abarrotados, promesas, bandeiras ó vento, promesas, coches con altofalantes, promesas... e unha xornada de reflexión.
O CIS pronostica un novo bipartito, sempre e cando a participación se manteña nos niveis do 2005. Mais como o CIS está en Madrid e xa se sabe que alí “non nos entenden, non”, imos ver como está o partido neste primeiro saque:
- PP: Esperanza Aguirre pinta os beizos cun espelliño monísimo na Asamblea de Madrid ante a mirada de dous señores moi serios con pinta de espías. Mariano, como bo galego, nin sube nin baixa da escaleira. Alberto impón como cabeza de lista pola miña Áuria a un señor que tivo un despiste con Facenda (ups!). Nisto sae Baltar dicindo que nunca foi o seu candidato e pedindo á Xunta Electoral que permita utilizar papeletas de voto cunha riscadura enriba do primeiro nome... A última vez que asistín a un esperpento foi lendo a Valle-Inclán que, polo menos, era un bo literato...
- PSOE: Para que gastar cartos nunha supercampaña se podemos aproveitar o minimalismo de O Presidente? Indubidablemente, é a forza política mellor situada para rendibilizar a acción de goberno en termos electorais, pero tamén sabe que non pode quedar a durmir. Sobre todo, porque o seu compañeiro de cama tamén se ergue cedo, e non se poden conceder marxes de vantaxe. Cada un, co seu espertador na mesiña de noite... e co coitelo baixo a almofada, por se nunha destas algún dos dous se move demais e fai renxer o colchón...
- BNG: Resulta que os bloqueiros poden xestionar a cousa pública e non lles medran cornos nin cheiran a xofre! Velaí as galescolas, os centros de día, as políticas para a mocidade, as leis do hábitat... e os bailes de Anxo coas avoíñas nas festas de maiores. Por primeira vez, o nacionalismo fai campaña dende o poder, cos seus pros e contras. Desta volta non hai Prestige que esperte conciencias durmidas, nin longuísimas eras fraguianas que superar. Desta volta, o partido xógase con ases sen manga...
Que as furnas repartan sorte!
16 comentarios
Fervenza babelí -
PS.: guS, en breve terás esa análise q. ansías... as historiadoras precisamso deixar pasar un tempo pra gañar perspectiva... :-)
sak -
123456789101112 turururuturruru 12 tuturutu 12 tuturutu 12.
by Sesamo Street 2009.
Venga GALIZA CEIBE ¡¡¡ VIVA PORTUGALIZA ¡¡¡
gus -
SAK -
PD:está escrito en mayúsculas porque es un mitin mio.
guS -
anónimo -
Fervenza babelí -
P.D. Abreviatura es con uve en la segunda, por cierto...
S.A.K. -
guS -
sak -
en fin...
Fervenza Babelí -
En fin...
sak -
sak -
Primero una corona me parece un elemento totalmente hortera propio de dracuins y reinas del baile, y luego el caliz con la hostia que parece una lampara del todo a cien. estética de reyes y curas, todos con tendencia de maricallos y travestismo y claro luego sale este tipo de escudos solo le falta una mariposita o pintalabios para que impoga respeto. Galicia tiene origen celta no romano de vividores curas y reyes.
sak -
sak -
Pues nada que as furnas repartan tontos!.
guS -